Total visitas á paxina

lunes, 24 de septiembre de 2012

A culpa é dos demáis

Éste é, básicamente, o programa que levou ó PP ó Goberno da Xunta de Galicia en 2009 e o que conseguíu catro anos depois:

1.EMPREGO. Combater o paro como máxima prioridade do Goberno e recuperar a senda de creación de emprego garantindo a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes
   -Duplicou no seu mandato o paro(2009=170.400 Desempregados. 2012 = 275.900)
  -Mentíu descaradamente co de Pemex dicindo que había un acordo para construir 2 floteis que darían 3.000 postos de traballo, sabendo que o único que se conseguira foi: "un acordo establecido como posíbeis proveedores dunha futura licitación". Ou sexa, palla e mentiras electorais pra conseguir uns votos. Según os sindicatos esto, de confirmarse, só daría traballo a 400 persoas. 

E no 4º trimestre de 2012 a cousa está así:

Galicia: Ocupados:1.026,0000 Parados: 277,400

Tasa de paro 21,28

Ou sexa que no 2012 destruíronse 46.900 empregos


E a cousa non para, 2013 a sangría segue:

-Galiza destríu 38.200 empregos no 2013. A taxa de paro está no 21,96 %
-O nº de parados rexistrados e pensionistas xa supera en    160.000 persoas ós traballadores en activo
-277.800 persoas en paro, un 80% máis ca fai 5 anos
-O emprego cada vez máis precario: dos 53.491 contratos, o 90% é temporal.
-Dos parados o 44% non cobra ningún tipo de axuda



E segue empeorando, 2013 remata con 12.757 afiliados á Seguridade Social menos = 914.626 afiliados (O 2012 rematou con 1.026.000)
E en xaneiro de 2014 a sangría continúa: Galicia cerra xaneiro con 10.000 parados máis e o que é peor 13.000 afiliados menos que en decembro do 2013. Habería que remontarse ata o 2001 para encontrar unha cifra tan baixa de cotizantes.

E o emprego cada vez é máis temporal e de peor calidade



2.ESTRATEXIA ECONÓMICA. Loitar contra a crise apostando polos nosos sectores produtivos cun plan estratéxico a desenvolver por un Goberno unido, coordinado e que saiba establecer prioridades.
   -Duplica no seu mandato a deuda de Galiza pasando a 7.627 millóns €, o que supón un aumento de 3.677 millóns € desde fináis de 2008, co que prácticamente duplica a deuda acumulada por Galiza durante toda a historia da autonomía. E os galegos viven hoxe peor ca hai catro anos
  -Pecha as contas en Setembro e contabiliza: Ingresos 12 meses, gastos 9 meses. Así da equilibrado.
   -Cerraron nestes catro anos en Galiza 8900 industrias
   -Nefasta fusión das caixas de aforro galegas das que dixo que estaban atadas e ben atadas(¿querería decir maniatadas económicamente?)

E a cousa vai a peor:

A débeda pública de Galiza atinxiu en 2012 os 8.228 millóns de euros, o que representa xa o 14,6% do Producto Interior Bruto (PIB) galego, segundo datos ofrecidos polo Banco de España. A débeda pública de Galiza aumentou a respeto do 2011 nun 17,3 por cento.
A débeda do conxunto das administracións públicas do Estado atinxíu en 2012 os 884.416 millóns de euros, o que xa equival o 84,1% do PIB, o seu nivelmáis alto da serie histórica (que comeza en 1990).
Tomado de: http://www.sermosgaliza.com/artigo/economia/a-debeda-publica-atinxe-os-8-200-millons-de-euros-e-roza-xa-o-15-do-pib/20130315142041012541.html

E sigue empeorando:
Galicia cerrou o mes de xaneiro de 2013 cun déficit de 7 millóns €, o 0,01 do PIB
Tomado de: http://www.europapress.es/galicia/noticia-galicia-cierra-enero-deficit-millones-euros-001-terminos-contabilidad-nacional-20130327160757.html

METÍULLE MÁNS ÁS EÓLICAS E 4 ANOS DESPOIS SIGUEN PARADAS E SIN VISOS DE ARRANCAR

3.AUSTERIDADE. Eliminar e reducir drasticamente os gastos superfluos en publicidade, altos cargos, asesores, automóbiles ou obras nas dependencias de goberno.

   -Malvende o parque de automóbiles seminovos e compra outro.

  -Gasta un pastón en reformar o comedor de “súas señorías”(O           outro era pobre)
  -Sóbelle un 7,7% o salario ós Diputados e aínda por riba na parte que non tributa
  -Ten máis de 40 asesores que custan 2,3 millóns de Euros.
  - Gasta en promocionarse a través da Xunta 500.000 € ó ano

4.MENOS IMPOSTOS. Reducir a cantidade de impostos autonómicos aos que os cidadáns teñen que facer fronte cada ano e defender a redución de impostos estatais.
   -Mirei, rebusquei e comparei e non encontrei menos impostos


5.SANIDADE CON GARANTÍAS. Mellorar as condicións e a calidade na asistencia sanitaria e reducir as listas de espera, con garantías legais para os pacientes
   -Fáinos pagar a sanidade dúas veces e cunha sanidade de terceira, cando era de primeira.
  -O paciente sofre, a pesar do competente e máximo esforzo do persoal sanitario, insuficiencia de atención pola redución de persoal imposto pola Xunta
  -Casos coma o Hospital da Mariña que "amplia" con casetas de obra...
  - O do hospital de Vigo é suficiente para pasalo pola guillotina
  
6.DEPENDENCIA EFECTIVA. Dotar aos dependentes e asistentes de garantías para que reciban o servizo que por Lei lles corresponde nun prazo seguro
    -Eliminou a S.G.S.S. polo que os Concellos quedaron prácticamente desatendidos en dependencia
   -A 10 de Agosto e desde Abril centros que atenden a discapacitados están sen cobrar
   -Elimina subvencións a persoal que atende a dependentes
   -As taxas de atención educativa e comedor nas garderías da Xunta subiron un 20%.

7. GARDERÍAS "Responder por completo á demanda de pais e nais por unha praza de gardería e flexibilizar opcións para conseguir a conciliación da vida persoal, laboral e familiar."
    -Pecharon garderías e redúcese a aportación económica ás públicas
   -As taxas de atención educativa e comedor nas garderías da Xunta subiron un 20%.

8.XUVENTUDE EN PRIMEIRO PLANO. Ampliar as oportunidades para que os mozos poidan vivir, estudar e traballar na súa terra, con políticas de vivenda efectivas, abrindo máis opcións de formación, e facilitando a súa entrada no mercado laboral.
    -Subíu as tasas académicas imposibilitándolle ós mozos de familias da clase media-baixa acceder á Universidade.
   -A educación volta ós anos 70 
    - O paro xuvenil estaba no 23%, agora está no 36%
   -Había moitos anos que os emigrantes retornaban, agora a emigración resurxe con auxe

9.EQUILIBRIO TERRITORIAL. Garantir que todos os galegos teñan as mesmas oportunidades e servizos, vivan onde vivan, sexa no interior ou na costa, en cidades ou no rural
    -Sí, os máis pobres teñen todos as mesmas menos oportunidades e servizos e os máis ricos  teñen todos as mesmas máis oportunidades e servizos
    -Abandonou por completo a Galiza interior

10.PRINCIPIOS MEDIOAMBIENTAIS. Ligar a política territorial ó medio ambiente e facer do respecto medioambiental un principio irrenunciable en todas as áreas de goberno.
    -Retrasou, mínimo, 5 anos as eólicas por dárllelas ós seus
   -Reducíu a distancia de construir na costa
   -A Rede Natura convertéuna nun despropósito

11.INNOVACIÓN. Asumir a innovación como unha actitude de Goberno para permitir que Galicia se adiante a cada crise e poida gañar o seu propio futuro.
    -Prácticamente eliminou a inversión en investigación e desenrolo
    -Baixou os orzamentos universitarios un 11%

12.REFORMA DA ADMINISTRACIÓN. Reformar a Administración para gañar en capacidade de resposta e efectividade e facilitar o seu contacto cos cidadáns, eliminando burocracia evitable.
    -Elimina "chiringuitos" que servían ó benestar cidadán e casos coma o do Hospital de Vigo: retrasos forzados pola Xunta, camuflaxe de estudios ”pagados” que non aparecen... ¿Será eso "Reformar a Administración para gañar en capacidade de resposta e efectividade e facilitar o seu contacto cos cidadáns, eliminando burocracia evitable"

13.IDENTIDADE E LIBERDADE. Recuperar os consensos en torno aos nosos símbolos identitarios, moi especialmente no idioma: o galego ten que ser un instrumento de unión, nunca de imposición e debe garantirse a liberdade para escoller lingua en todos os ámbitos
    -Pisoteou o galego impoñendo a supremacía na educación do castelán e do inglés
   - A pesares, e en contra, da resolución do TSXG segue ca teima de preguntar en educación ós pais polo galego
   - Os departamentos de normalización lingüística seguen baixo mínimos
   - O profesorado dos CELGA seguen en precario

    * Ano 2013: 
   -149 millóns de € menos e 1225 docentes menos a pesares do aumento de alumnos
   - Estímulo para a educación privada de 237 millóns de € (Nos últimos 4 anos máis de 1.000 millóns, 4 millóns a centros do Opus)
   - Voltamos á educación franquista-relixiosa:
          - 28 millóns de € para o pago de mestres de relixión católica
          - Visto e prace á LOMCE que introduce a relixión católica como de obrigado cumprimento e segrega a por sexos
   - A pesares de que o 23% das familias están en situación de pobreza e que 1 de cada 5 nenos en Galiza pasa fame hai que repagar os comedores escolares: cos seus impostos e co novo repago.
    - Peche de 22 escolas rurais (Nos últimos 4 anos 90 escolas menos) e ca nova LOMCE seguirá indo a máis
    
14.REXENERACIÓN DEMOCRÁTICA. Gobernar para todos, independentemente das súas preferencias políticas, eliminar prácticas clientelares e aplicar con capacidade de reacción a asunción de responsabilidades nos supostos que correspondan
    -Coma reducir o nº de Conselleiros sin antes reformar a Lei Electoral co que se favorece ó partido maioritario(PP)
  -Adiantar seis meses as eleccións para que non coincidan cos maiores e máis sangrates recortes do PP central

O que sí fixo ben o Goberno de Feijóo e machacar contínuamente "A culpa é dos demáis", "Eu fixen, eu fixen, eu fixen, ..."